Escríbenos Dónde estamos
Mándanos un mailMándanos un mail
Haz click en:Copiar mailoAbrir mail
Mail copiado
Menu
chat WhatsappTeléfonocómo llegar

Comunicación de malas noticias y proceso de duelo: Pautas de intervención en los centros educativos

Publicado: 21 de Septiembre de 2016


Ao longo do artigo exponse unha serie de recomendacións para lles comunicar malas noticias aos menores dentro do contexto educativo, xa que son a poboación máis vulnerable e necesitan ter ferramentas e recursos axeitados para afrontar por primeira vez o dó.

O GIPCE é un grupo formado por psicólogos e psicólogas especialistas na intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias que pertencen ao Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e que desenvolve o seu labor desde o ano 1996. Desde o ano 2004, o GIPCE atendeu diversas situacións críticas que afectaron a diferentes membros da comunidade educativa. Hai que ter en conta que cada intervención ten as súas peculiaridades e, ao longo destes anos, procurouse promover unha mellor, máis rápida e eficaz resposta a cada incidente crítico desde a formación e experiencia dos profesionais que interveñen.

Os menores ante o dó e a morte

Cando falamos de dó, referímonos a un proceso emocional complexo e doloroso, composto de fenómenos fisiolóxicos, psicolóxicos e sociais que padecen as persoas pola perda dun ser querido ao que as une un vínculo afectivo.

En gran parte das intervencións realizadas, observouse que os menores, en moitos casos, non se adoitan ter en conta por considerar que non están en condicións de comprender o que é a perda dun ser querido, mesmo se chega a non lles comunicar a triste noticia. É habitual intentar ocultarllo, nalgúns casos por estar a familia moi afectada e noutros por intentar evitarlles a dor pola perda, pero en ambos os casos o feito de agochar o que está pasando pode producir danos no ámbito emocional dos menores, tales como falta de confianza, falta de seguridade, irritabilidade etc. Outras razóns para non dicirllo poden ser o non saber como falarlles da morte aos menores ou tamén como enfrontarse ás posibles preguntas e reaccións do neno ou adolescente.

Existen unha serie de variables que poden dificultar a elaboración do dó, como falecemento por actos violentos, morte por suicidio, visualización da persoa falecida ou morte inesperada da persoa ou persoas que o coidan.

Como falar da morte con menores

Normalmente é un familiar quen se encarga de lle dar a mala noticia ao menor, pero pode suceder que teña que ser un membro da comunidade educativa quen comunique o falecemento dun irmán ou irmá, proxenitor etc. Para iso deberíanse ter en conta as seguintes cuestións:

o    Cando dicirllo? O antes posible.

o    Quen llo di? O pai e/ou a nai ou a persoa máis vinculada emocionalmente e máis serena, deixando claro que o menor non está só nin abandonado.

o    Onde se lle di? Nun lugar tranquilo e cómodo, sen interferencias.

o    Como se lle di? Sentándose ao seu carón, mirándoo aos ollos, mantendo o contacto físico e dándolle tempo para que asimile a noticia.

o    Que se lle di? Partindo do que xa sabe, contarlle o acontecido e dar só a información necesaria e verdadeira para que entenda a situación, permitíndolle facer preguntas e tratando de aclarar as súas dúbidas.

 

Asistencia aos ritos funerarios

A partir dos sete anos é recomendable ter en conta os menores nos ritos funerarios e de despedida, facilitándolles a súa asistencia se así o desexan e adaptándose á súa competencia emocional con independencia da súa idade. É importante explicarlles en que consisten os ritos funerarios para que non se sorprendan nin se asusten ante o que poidan presenciar.

O aconsellable é que decidan libremente se queren asistir ou non ao tanatorio, funeral e/ou cemiterio e, en caso afirmativo, que estean acompañados en todo momento e se responda con claridade e na súa propia linguaxe a todas as preguntas que formulen. É fundamental que se estea pendente deles, dos seus xestos e das súas reaccións, comprobando se están demasiado afectados e valorando se deben continuar ou se é o momento de marchar. Se o menor elixiu non ir, hai que respectar a súa decisión e evitar que se sinta mal ou culpable.

En ambos os casos, pode propoñérselle ao menor que leve un ramo de flores, un debuxo ou unha carta, a xeito de despedida, ao tanatorio ou á tumba da persoa falecida ou ao lugar onde esparexeron ou están depositadas as cinzas se foi incinerada. Este acto axudaralle no proceso de aceptación e facilitaralle a toma de conciencia pola perda do seu ser querido.

Adolescentes nunha situación crítica

A adolescencia é unha época de grandes cambios no ámbito social, intelectual, biolóxico e familiar, polo que aos adolescentes habitualmente lles custa entender e regular as súas propias emocións. O adolescente adoita pensar que a súa vida lle irá sempre ben, pero ante a presenza dun incidente crítico pode, en ocasións, adoptar unha pose de distanciamento e fortaleza pola falta de vivencias ante a perda e o dó, pero isto demóstralle que as persoas son vulnerables e iso é dificilmente tolerable para eles.

Aínda que a maioría dos adolescentes nesta etapa de rebeldía adopta posturas de oposición e confrontación cara ás súas familias e profesorado, a perda de seres queridos xeralmente agrava o distanciamento. Sorprende que algúns, ante a necesidade de expresar os seus sentimentos, amosen actitudes sensatas, tanto ou máis ca no caso das persoas adultas.

Un aspecto favorable é que se trata dunha etapa onde se promoven con grande intensidade e frecuencia as relacións sociais no grupo de iguais, polo que ante un incidente crítico o adolescente contará co apoio e coa solidariedade de todas as súas amizades e mesmo de compañeiros e compañeiras da clase. Con todo, hai casos nos que pode ocorrer o contrario: que o adolescente se ille.

O centro educativo, sabendo que o grupo de iguais ten un valor protector de apoio, debe darlle soporte ao adolescente para que o seu grupo tamén lle axude. Para que o grupo de iguais poida ser solidario necesita:

·         que se lle teña en conta,

·         que lles dean información e pautas sobre o que poden facer polo compañeiro ou compañeira,

·         que as persoas adultas valoren positivamente a súa implicación no coidado do adolescente afectado.

 

Como implicar os adolescentes nun incidente crítico

·         Tratar o adolescente como se xa fose unha persoa adulta (xa se senten como tales cando lles convén). Hai que usar unha linguaxe, xestos e actitudes que lles dean a entender que se lles trata como persoas adultas.

·         Ofrecer información, relatando o ocorrido e omitindo o que se pensa que o adolescente debería facer. Se considera que necesita consello, xa o pedirá.

·         As persoas adultas deben de estar dispoñibles, pero evitarán impoñerlle a súa presenza ao adolescente.

·         Débese respectar o seu espazo tanto para estar só ou soa como para estar co seu grupo de iguais, preguntándolle se é un bo momento para falar, se necesita algo, ofrecerlle diferentes opcións e convidalo ás actividades que se van organizar.

Comunicación de malas noticias no contexto educativo

Do mesmo modo ca coas familias, adoita existir unha certa tendencia por parte do profesorado a ocultarlle ao alumnado o falecemento dun membro da comunidade educativa, así como a non saber reaccionar ante a devandita situación nin xestionala fronte ao alumnado. A continuación expóñense unha serie de pautas para facilitar a comunicación de malas noticias aos menores no contexto educativo:

·         Debe darse ao alumnado a información necesaria canto antes, adaptada á súa idade e capacidade emocional, evitando os detalles morbosos e os eufemismos, de maneira delicada, asegurándose de que o alumnado escoita e entende. Hai que tratar de responder as súas dúbidas e os seus temores con claridade, transmitíndolles sempre calma.

·         As explicacións que se ofrezan deben ser concretas, curtas, comprensibles e veraces. Unha vez comunicada a noticia, pode suceder que o menor se comporte como se non pasase nada.

·         Se a morte se produce por enfermidade, recoméndase comezar dicíndolles aos máis pequenos e pequenas: “estaba moi, moi, moi enfermo”. No caso de falecemento no hospital, débese facer fincapé na gravidade da súa enfermidade e que se fixo todo o posible por salvar esa persoa.

·         No caso de que a morte sexa repentina, aconséllase ser o máis fiel á realidade, aínda que é recomendable, en casos de morte violenta ou por suicidio, evitar os detalles que non se consideren relevantes para a comprensión do sucedido e sempre adaptándose ás características evolutivas do menor.

·         É necesario previr posibles sentimentos de culpa ou de vergoña no menor, xa que este pode pensar que é o causante do incidente crítico, por exemplo, por portarse mal ou por discutir recentemente.

·         É importante que as persoas adultas eviten expresións do estilo: “deixounos”, “foise” (non é un abandono por vontade propia), “a morte é un soño”, “está durmido”, “como era tan bo, Deus chamouno ao seu lado”, “foi de viaxe”, así como as que lle impoñan ao menor un deber ou responsabilidade non adecuado á súa idade e xénero: “agora es o home da casa” (ao neno) ou “agora tes que coidar da túa mamá e dos teus irmáns” (á nena).

·         Débese explicar que a morte é un proceso natural e universal de desenlace da vida. Tamén hai que dicirlle que é un proceso irreversible, xa que todas as funcións vitais terminan completamente no momento da morte. Para facilitarlle a comprensión deste feito ao alumnado menor de 10 anos, pódese facer fincapé en que o seu corpo deixou de funcionar: non se move, non respira, non lle latexa o corazón e non necesita alimentarse.

·         Débese incidir en que o menor non volverá ver o seu ser querido nin poderá abrazalo, pero que seguirá vivo no seu corazón, explicándolle o que é a morte, atendendo fundamentalmente ao que ten de definitiva e final.

·         Ante unha situación de perda, o normal é ter un sentimento de tristeza polo que hai que explicarlle que as bágoas son a expresión da dor.

·         Para falar do sucedido en educación infantil e primeiros cursos de educación primaria, é moi útil que o seu titor ou profesor comece preguntándolles polo que os nenos e nenas xa saben e, despois de escoitar, explicarlles o acontecido.

·         Aos irmáns, irmás ou familiares matriculados no centro dos menores afectados débeselles comunicar o incidente de forma inmediata, prestándolles a axuda necesaria (que estean sempre con compañía e proporcionándolles consolo).

·         Ante un suceso destas características, hai que destacar sempre a súa excepcionalidade xa que o feito non ocorre todos os días, polo que é necesario abordar as súas posibles consecuencias (tales como, por exemplo: fatalidade, fallo imprevisible).

·         Sempre se debe valorar de modo positivo a colaboración do alumnado na situación crítica, ben por propia iniciativa ou ben por suxestión dun adulto, xa que a devandita colaboración é un factor protector que lle axudará a procesar o vivido.

 

Comunicación ás familias

É de vital importancia unha correcta comunicación do incidente crítico ás familias directamente afectadas canto antes e para iso débese:

1. Valorar a forma máis adecuada de facelo (por teléfono ou persoalmente).

2. Ter en conta a situación da persoa que vai recibir a noticia (se está a conducir ou ten unha enfermidade grave).

3. Explicar con serenidade o sucedido e moi brevemente: “Ao seu fillo ocorreulle algo moi grave: estaba a xogar ao fútbol no patio e deu un golpe moi forte na cabeza. O equipo médico xa está de camiño. Ten  que acudir ao colexio canto antes”.

4. Asegurarse de que o desprazamento da persoa que recibe a noticia se realiza en condicións de seguridade, por exemplo, propoñéndolle que evite conducir.

O equipo directivo debe aconsellar as familias que formen parte da comunidade educativa afectada que falen cos seus fillos e fillas sen ocultar a situación e transmitindo tranquilidade, apoio e seguridade:

·         Que lles conten sempre a verdade.

·         Que lles digan só aquilo que poidan entender e  asumir.

·         Que respondan ás preguntas que lles fagan sobre o que pasou.

As familias deben permitir e respectar a expresión de sentimentos e emocións dos menores, así como tamén a súa ausencia. As persoas adultas poden servir de modelo adecuado de expresión do dó e, para iso, debemos ter en conta as seguintes recomendacións:

·         O pai e/ou a nai ou, de ser o caso, o titor ou titora legal deben estar física e emocionalmente próximos e dispoñibles para o momento en que os necesiten.

·         Facilitarlles aos seus fillos ou fillas a participación nos ritos funerarios se desexan asistir, explicándolles previamente o que van presenciar.

·         Restablecer a vida cotiá canto antes (rutinas, pautas e horarios) sen esquecer límites e normas.

·         Poden darse unha serie de reaccións non habituais, tales como volver mollar a cama, chorar con grande intensidade e desconsolo durante moito tempo, illarse, rexeitar aquilo que estea relacionado co incidente crítico, como ir á neve, subirse a un autobús ou bañarse na piscina.

·         Se pasado un tempo prudencial, de catro a oito semanas, a familia percibe que a intensidade destas reaccións non diminúe, que aumentan ou que dificultan de forma importante a súa vida diaria, hai que considerar pedir axuda profesional.

Sobreprotexer os menores, tentando evitar o seu padecemento, pode ser interpretado como un modo de non telos en conta.

Conclusión

Debido á posible ocorrencia de incidentes críticos no contexto educativo, consideramos conveniente e necesario unha adecuada formación a mestres, profesorado  e educadores. Con independencia de contar con psicólogos especializados que poidan intervir nestes casos, cómpre unha formación específica para poder dar unha resposta serena e eficaz ante unha posible situación crítica.

A morte é un proceso natural, universal e irreversible da vida que supón unha serie de emocións relacionadas coa perda. O traballo coas emocións faise imprescindible en educación: aprender a identificalas e saber manexalas axudaranos ao longo de toda a nosa vida.

No contexto educativo hai ocasións nas que se lle ocultan ao alumnado as consecuencias tráxicas dunha situación crítica. Por iso, realizar unha boa comunicación do sucedido no incidente crítico  facilitará que o proceso de dó se inicie de forma adecuada para os afectados. Non debemos esquecer que nestas circunstancias moitos nenos, nenas e adolescentes se enfrontarán por primeira vez á morte dun ser querido e o que iso supón.

Finalmente, tanto o centro como as familias deberán estar alerta a posibles complicacións emocionais nos menores que deriven da propia vivencia do suceso crítico.


M.ª Leonor Galiana Caballero, educadora en centros de menores
lenigal6@yahoo.es
Concepción López Martín, mestra no CEIP de Fontes-Baíña en Baiona
contxita.lopez@edu.xunta.es
Olegaria Mosqueda Bueno, mestra, educadora e orientadora no IES Sta. Irene de Vigo
omosqueda@edu.xunta.es
M.ª Carmen Patiño García, docente/formadora e técnica de emprego e orientadora profesional.
carmenmpatinog@hotmail.com
Avelina Senra Comesaña, psicóloga clínica na UAD de Pontevedra.
avelina.senra.comesana@sergas.es
Julita M.ª Touriño Araujo, mestra con práctica privada en gabinete de psicoloxía en Pontevedra.
jm-tourino@cop.es

Psicólogas colexiadas e membros do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia

Tu privacidad es importante para nosotros

Las cookies son importantes para ti, influyen en tu experiencia de navegación. Usamos cookies analíticas, de personalización y publicitarias (propias y de terceros) para hacer perfiles basados en hábitos de navegación y mostrarte contenido útil. Recogeremos tu elección anónimamente. Haz clic en “Aceptar” o haz clic en "Configurar Cookies" para autorizar uno a uno los permisos.Para conocer todas nuestras cookies consulta este enlace

Configurador avanzado de cookies propias y de terceros
Aquí puedes modificar parámetros que afectarán directamente a tu experiencia de navegación en esta web
Cookies técnicas (necesarias)
Las cookies técnicas son aquéllas que permiten al usuario la navegación a través de una página web, plataforma o aplicación y la utilización de las diferentes opciones o servicios que en ella existan como, por ejemplo, controlar el tráfico y la comunicación de datos o almacenar contenidos para la difusión de vídeos o sonido.
NombreOrigenFunción de la cookieDuración
csrftokenQdqMediaEsta cookie está asociada con la plataforma de desarrollo web Django para Python. Está diseñado para ayudar a proteger un sitio contra un tipo particular de ataque de software en formularios web1 año
sessionidQdqMediaIdentificador de sesión anónimo necesario para el correcto funcionamiento del sitio web.30 minutos
qdq_consentQdqMediaEsta cookie se añade en el momento de que el usuario ha aceptado el uso de cookies por parte del sitio web. Sirve para recordar la configuración establecida y evitar pedirle aceptación cada vez que ingrese en el sitio web.2 años
qdq_consent_sessionQdqMediaEsta cookie sirve para evitar pedir el uso de cookies, una vez aceptado, mientras navega por la web.session
_pk_ses*MatomoSe utiliza para ayudar a los propietarios de sitios web a rastrear el comportamiento de los visitantes y medir el rendimiento del sitio. Es una cookie de tipo patrón, donde el prefijo _pk_ses es seguido por una serie corta de números y letras, que se cree que es un código de referencia para el dominio que configura la cookie.30 minutos
_pk_id*MatomoSe utiliza para ayudar a los propietarios de sitios web a rastrear el comportamiento de los visitantes y medir el rendimiento del sitio. Es una cookie de tipo patrón, donde el prefijo _pk_id es seguido por una serie corta de números y letras, que se cree que es un código de referencia para el dominio que configura la cookie.13 meses
Cookies de analíticaCon tu selección no podemos ofrecerte una mejora continua en la experiencia de navegación.
Son aquellas que permiten el seguimiento y análisis del comportamiento de los usuarios de la página web para la elaboración de perfiles de navegación, con el fin de introducir mejoras en función del análisis de los datos de uso que se haga sobre la web.
NombreOrigenFunción de la cookieDuración
_gaGoogle Tag ManagerEsta cookie se utiliza para distinguir usuarios únicos mediante la asignación de un número generado aleatoriamente como un identificador de cliente. Se incluye en cada solicitud de página en un sitio y se utiliza para calcular los datos de visitantes, sesiones y campañas para los informes analíticos de los sitios.2 años
_gatGoogle Tag ManagerDe acuerdo con la documentación, se utiliza para reducir la velocidad de solicitud, lo que limita la recopilación de datos en sitios de alto tráfico.10 minutos
_gidGoogle Tag ManagerEEstablecido por Google Analytics. Se utiliza para distinguir usuarios.1 día
Cookies de publicidadCon tu selección pierdes la personalización de la publicidad.
Son cookies servidas y administradas por prestadores de servicios publicitarios y/o de análisis ajenos al responsable de este sitio web. Estas cookies permiten la gestión eficaz y adaptada a las preferencias del usuario de campañas publicitarias e informativas. Pueden almacenar información del comportamiento de los usuarios para desarrollar un perfil específico para mostrar publicidad en función de sus intereses.
NombreOrigenFunción de la cookieDuración
_fbpFacebookUtilizado por Facebook para ofrecer una serie de productos publicitarios, como ofertas en tiempo real de anunciantes externos?
NIDGoogleGoogle rastrea a los usuarios ampliamente a través de sus propios productos y sitios, y las numerosas tecnologías integradas en muchos millones de sitios web en todo el mundo. Utiliza los datos recopilados de la mayoría de estos servicios para perfilar los intereses de los usuarios de la web y vender espacios publicitarios a organizaciones basadas en dichos perfiles de interés, así como para alinear los anuncios con el contenido de las páginas donde aparecen los anuncios de sus clientes.1 año
1P_JARGoogleEsta cookie lleva a cabo información sobre cómo el usuario final utiliza el sitio web y cualquier publicidad que el usuario final haya visto antes de visitar dicho sitio web.1 mes
CONSENTGoogleEsta cookie lleva a cabo información sobre cómo el usuario final usa el sitio web y cualquier publicidad que el usuario final haya visto antes de visitar dicho sitio web.20 años
frFacebookSirve para visualizar el botón de `me gusta` y mostrar el número de seguidores. También ayuda a Facebook a proporcionarle anuncios más personalizados, pero también a medir y mejorar los anuncios.3 meses
_bPinterestCookie para la funcionalidad de Pinterest.Continuo
_pinterest_sessPinterestEstas cookies permiten a los usuarios compartir imágenes a través de Pinterest / el botón 'Pin It', y Pinterest puede recopilar información estadística sobre el uso de su servicio.1 año
IDEDoubleClickSe utiliza por Google DoubleClick para registrar e informar las acciones de los usuarios en el sitio web después de ver y hacer clic en uno de los anuncios de los publicistas con el propósito de medir la eficacia de un anuncio y de presentar anuncios dirigidos al usuario.1 año
haz clic para copiar mailmail copiado